Valmiñortv publicado el 17 de abril del 2017.

capa del libro "Por amor a Ti, Meu fillo"

 

Valmiñortv publicado el 17 de abril del 2017.O Auditorio da Casa-Museo da Navegación de Baiona acollerá este xoves, 20 de abril, a presentación da obra “Por Amor a Ti, Meu Fillo” (Áncora Editora, 2016), da escritora ourensá María José Rodríguez.

O acto, coordinado pola Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Baiona, celebrarase ás 19:30 horas e será a propia autora a que presente a súa primeira obra, na que fai unha chamada contra a violencia de xénero.

María José Rodríguez é axente de Publicidade titulada, técnica en Márketing, diplomada en Relacións Públicas e Protocolo, e Máster en Dirección Comercial e Márketing pola Escola Superior de Negocios Caixanova. A súa ampla traxectoria profesional divídese, por unha banda, en traballos como formadora de cursos da súa área de especialización en Cámaras de Comercio, Asociacións de Empresarios, Concellos, IFES (Instituto de Formación e Estudios Sociais), institutos universitarios, etc. Ademais de traballar no Departamento de Publicidade de Radio Pontevedra, foi locutora dun programa deportivo en Antena 3 Radio na devandita localidade, e directora da Axencia de Publicidade Trazos en Pontevedra, desenvolvendo campañas importantes en toda Galicia para empresas importantes como Clesa (Lácteas del Atlantico), Concello de Pontevedra, Celulosas e Deputación Provincial, entre outros.

“Ao longo das páxinas desta historia ambientada en Bueu, M.ª José Rodríguez relata cun estilo sinxelo a triste realidade de moitas mulleres, de bastantes máis das que a xente pensa, mesmo aquí na nosa vila. Realiza unha descrición perfecta da tipoloxía da violencia de xénero: física, psicolóxica, sexual, económica e social. Así mesmo analiza as súas causas, que é preciso eliminar, tales como o patriarcado, o mito do príncipe azul e máis da relación perfecta, os roles e estereotipos, a submisión, a mal entendida xenerosidade de deixar todo “por amor”. Algo aparentemente marabilloso no que tantas mulleres aínda cren en pleno século XXI e que as fai vivir engaioladas, no descoñecemento de que o amor non pode cambiar a ninguén. […] Nin que dicir ten, os meus máis sinceros parabéns á autora deste relato. E tamén a todas e todos os que se acheguen a súa lectura. Cando rematen, comprenderán o motivo”, sinala Montserrat González, directora do CIM de Bueu.

Más información en el siguiente enlace haciendo clic aquí

publicado el 17 de Abril del 2017.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *