Primeiro aniversario da novela curta ¨Por amor a Ti, Meu fillo”.

Hai un ano exactamente, presentaba esta novela curta ¨Por amor a ti, Meu fillo¨ na Biblioteca municipal de Bueu no 25 de decembro do 2016, conmemorando o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, apoiada polo Alcalde Felix Juncal Novas e a Concelleira de Benestar social Ana Pastoriza, ademais da compañía de amigos, compañeiros de traballo e asistentes ao acto.

Un día especial para celebrar cun grupo musical de mulleres que ten o mesmo obxectivo que eu, loitar contra ese tipo de violencia que no canto de ir a menos, os medios do comunicación lémbranos día a día que aínda queda moito por facer. Este marabilloso grupo musical do que falo son as Xestreu.

Elas organizaron no Arca de Noe, (Vilar de Santos,Ourense) a Presentación do libro “Por amor a ti, meu fillo” na Xornada Solidaria contra a violencia de xénero, pola igualdade dá muller , con numeroso publico asistente, ademais dun coloquio onde se mencionaron as diferentes causas desta secuela social que nos invade. Finalizou devandito acto as propias Xestreu, nun concerto que fixo levantar do asento e bailar aos asistentes. O recadado foi directamente entregado á Asociación Ceavigal de Vigo.
¡Moitas grazas Xestreu pola vosa invitación e compartir comigo, este día tan memorable pra min!.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *