Presentarase convidada polo Concello de Burela, a novela curta sobre violencia de xénero ¨Por amor a ti, Meu fillo¨ o sábado día 1 de setembro ás 19.30 horas na Praza da Mariña.
“Por amor a Ti, Meu fillo”
Unha historia emocionante sobre violencia de xénero que non che deixará indiferente.Aválano máis de 1000 libros vendidos,lectores de Portugal e Galiza que certifican coas súas mensaxes o éxito desta humilde novela curta que foi crecendo co respaldo das mulleres e homes que foron tocados polos seus personaxes, María e Martín protagonistas principais desta obra, que se sitúa xa na 3° edición, terminando o ano 2016 na cuarta posición de libros en galego máis vendidos segundo nota publicada en prensa do Faro de Vigo.
Axudádesme a compartir?.
¡Espérovos!